Indicadores da administración dixital

O sistema de indicadores da administración dixital (creado pola Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia) mide a evolución e o impacto do desenvolvemento dixital do sector público autonómico galego.

Este sistema constituído polos indicadores do funcionamento da propia Administración, a partir da información dispoñible nos sistemas e nas aplicacións que lle dan soporte á actividade dixital desta.

A súa creación ten como obxectivo establecer os mecanismos de medición necesarios para avaliar, analizar e controlar a implantación e o impacto da administración dixital, así como achegar coñecemento para a mellora da prestación dos servizos públicos.

O coñecemento e uso destes indicadores ten interese en diferentes ámbitos:

  • Dentro da propia Administración, para facilitar a toma de decisións, avaliar a prestación dos servizos públicos, permitir a observación da sociedade dixital e análise estatística...
  • Na cooperación con outras administracións, para facilitar o aliñamento con indicadores comúns.
  • De cara á cidadanía, como elemento de transparencia, proporcionando un servizo de información de alta calidade baseado nos principios de libre e fácil acceso á información do sector público.

A estrutura dos cadros de mando é a seguinte:

  • Resumo: móstranse os datos acumulados dende inicio de ano do conxunto de indicadores máis relevantes. Contén unha táboa comparativa co mesmo período correspondente no ano anterior, é dicir, ata o mes en cuestión que se indica no título.
  • Detalle por ámbito (Relación coa Cidadanía, Interoperabilidade): contén a información ampliada do ámbito, a partir dunha táboa de indicadores e unha serie de gráficas, con distintas seccións de detalle. Pódese elixir entre visión mensual (datos no mes) e visión anual (datos acumulados dende inicio de ano), así como a evolución en ditos períodos. Na táboa de indicadores móstrase o dato do período actual fronte ao dato no ano anterior, e a comparación en valor porcentual. Téñase en conta que na visión anual o dato do ano anterior reflexa o valor acadado ao final do ano, é dicir, ata decembro;o mesmo ocorre na comparativa, que se realiza co dato acadado do ano en curso fronte ao ano anterior completo.